TIENDA

REVELACIONS: Dende a toma ate a copia ~ Obradoiro de foto química.

24 SEP 2022 ~ 10.00 – 20.00 ~ Prezo: 65 €

 

 

O mítico obradoiro de fotografía química do desaparecido festival de Fotografía coruñés VISIONS, retorna ó Atelier de Fotografía.

Serán respostadas todas as dudas que se poidan plantexar, dende a toma fotográfica sobre película, pasando polo revelado dos negativos ate a realización de copias sobre papel fotosensible, incluindo manexo da ampliadora e o coñecemento a prol de cómo actúan os reactivos na producción da imaxe.

Un obradoiro integral para entender a Fotografía en branco e preto.

 

 

O programa consiste en:

10.00 ~ Encontro, presentacións, un café. Primeiras explicacións.

10.30/11.30 ~ Pequena maratón con carretes de película de 135 de 10/12 exposicións. Tutorados para quen o precise. Se non dispuxeras de cámara, podemos proporcionarche unha.

11.30/12.00 ~ Introducción ó revelado de negativos. Bases e procedemento.

12.00/13.30 ~ Revelado das películas expostas.

13.30/15.30 ~ Tempo para a comida

16.00/16.30 ~ Bases do manexo da amplexadora e procedemento de copia sobre papel fotosensible.

16.30 ate o final ~ Copia fotográfica de fotografías realizadas. Trucos de laboratorio creativo.

 

 

Máximo de participantes: 12 persoas. Película, papel fotográfico e químicos incluidos. Se precisas unha cámara podémosche prestar unha. Os participantes recibirán escanexadas as fotografías realizadas na actividade sen cargo adicional.

Prezo: 65 €

 

Un obradoiro de fotografía de Pep Paramos.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.