TIENDA

Alberte Pereira ~ Universo Peripatético

 

En exposición do 4 MAR ao 30 MAR, de luns a xoves, de 17:30 a 20:30.

INAUGURACIÓN: 4 MAR, de 19:00 a 21:30

 

 

É sen dúbida Alberte Pereira o fotógrafo dos espacios urbáns que nos ofrece unha visión máis lírica e, coma acostuma a dir él mesmo, peripatética no momento actual. E non queremos decir nese eido de encontro que é a Fotografía Atlántica senón nesta Europa fuxidía do noso presente líquido.

Para nos é un feito programático traer un traballo de revisión e intensificación dunha obra que vai máis alén do documental e que constitue por si mesma un paseo filosófico. O vindeiro sábado 4 de marzo, pola tarde, contaremos ca presencia de Alberte para darvos a bemvida a este Universo Peripatético.

Agradecemos a Alberte a súa confianza en nos e aplaudimos o traballo de comisariado de Puri Díaz para esta expo.

 

 

UNIVERSO PERIPATÉTICO

UNIVERSO
Conxunto da materia que existe no espazo e no tempo, particularmente referida aos corpos celestes e, en definitiva, conxunto de todo o que existe.

PERIPATÉTICO
Relativo ou pertencente ao aristotelismo. Estuda a influencia dos filósofos da escola peripatética no pensamento occidental.
A escola peripatética era un círculo filosófico da antiga Grecia, fundada por Aristóteles.
Recibiu este nome porque tiña un xardín polo que, o mestre paseaba cos seus discípulos, reflexionando sobre a vida. En grego peripatêín significa dar voltas.

 

 

As imaxes que se poden ver nesta exposición forman parte de varias series. Fragmentos, Ángulos mortos, Rastros, Obsolescencia, Retratos intervidos… Nelas, o autor reflexiona sobre un todo, o urbano (universo), a través das súas derivas e do andar (peripatético) polo espazo público dende unha estratexia crítica.

 

 

 

 

Máis info: https://alberteapereira.com/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.