En exposición do 4 ABR ate ó 28 ABR. De luns a venres, de 17.30 ate 20.30. INAUGURACIÓN: 4 ABR 19.30.
Alberte Pereira é a día de hoxe un dos autores galegos que conforman o alicerce da etiqueta Fotografía Atlántica. Ainda que él prefire falar de Fotografía Peripatética. E malia ter contribuido tanto á etiqueta preferida do noso pequeno eido cultural fotográfico galego, o recoñecemento polo seu traballo tenlle vido sempre de fora, coma por exemplo aquel segundo posto no LensCulture Street Photography Awards precisamente no 2017, o ano no que sucederon os incendios de As Neves sobre os que versa a serie que estamos a expoñer.
Para nos, expoñer esta testemuña é importante non soamente como desenvolvento creativo senón polo seu alcance na responsabilide civil. En 2017 o sul de Galiza ardeu de novo. A realización estética que percorre Retratos dun Incendio, tan poderosa e inspiradora, non enmascara senón que subliña o feito documental da catástrofe da xestión agraria galega no comenzo do século XXI. País paisiño, a Galiza rural desmémbrase. E aquel movemento agrarista que foi en tempos queda na lenda… E na cinza.
RETRATOS DUN INCENDIO:
No mes de outubro de 2017 os incendios asolagaron Galiza. Algo que tristemente ven sendo habitual ao final de cada verán. Ademais das miles de hectáreas de monte queimadas, deixou a perda de catro vidas humanas.
Intencionados, produto de imprudencias, do abandono do monte e cunhas condicións climatolóxicas proclives, o monte ardeu de novo.
Nesta vaga de incendios en Galiza, o concello das Neves foi declarado oficiosamente “zona cero”. Queimouse unha alta porcentaxe do seu territorio, incluíndo núcleos de poboación, cemiterios e parques urbanos, ademais dos montes veciñais.
Falouse de intereses económicos, urbanísticos e de toda índole detrás dos incendios. Mais se cadra, ademais deses posibles e escuros intereses, a masificación de especies arbóreas foráneas pirófitas, como o eucalipto e o piñeiro, o abandono e o pouco valor que se lle da ao monte, a despoboación sistemática do rural favorecida polos poderes públicos que non apostan pola súa recuperación, ou a utilización dos incendios como arma política, son un cúmulo de factores que nos dan claves para entender o que sucede ano tras ano nos nosos montes.
Neste traballo, dende unha mirada persoal, trato de mostrar a desolación que me provoca ver o monte e o territorio queimado. A deste incendio en particular e por extensión, a de calquera incendio que se poida producir en calquera parte do planeta.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.