Malena Carballo e José Fonticoba ~ Conspiración do Silencio
Do 6 de XUÑ. ate o 2 de XULL. Aberta de 17.30 a 20.30. Inauguración: 6 XUÑ. ás 19.30.
Adicamos o mes de Xuño á exposición de Conspiración do Silencio, traballo conxunto de Malena Carballo e José Fonticoba que nos propón una revisión do territorio periférico, paisaxe humanizada onde a História é inevitable, pero tamén o son a vivencia e a metáfora, o achádego e o alento da fuxida.
Unha das características do traballo de Malena e José é o tratamento da imaxe coma obxecto sensivel, suxeito á unha materialidade que se ven á man para experimentar tratamentos transformadores que inhabilitan a idea de «copia fotográfica» e nos sitúan diante de imaxes singulares, soportes de experiencia.
A idea de Natureza alterada pola Humanidade non deixa de alentar a trasposición da vivencia cultural da loita contra o tempo. Nas nosas ruinas abandoadas que a vexetación recobre proxectamos a zozobra da derrota contra a vida, que é tamén morte para a cultura, para a identidade, para a repetición humana. Pois, en qué vimos a quedar? O pessoiano desengano da saudade é a mais grande saudade. Quén é ese nós que non é ninguén? E a oportunidade de comenzar de novo amósase entón coma afirmación do devenir vital que sempre acontece nas nosas periferias urbáns. O volver da vida –volver á vida, volver dá a vida-… E así bucle do individuo que pensa ceibarse da cultura sendo nada máis o soedoso operador cultural que percive a manifestación dunha forza capaz de recuperarse da entropía e de dar forma de novo a ese entullo desleixado que queda atrás, esbotado pola civilización. Catarse da (de)construcción simbólica dun si mesmo que transforma a experiencia do corpo: morte e vida xa son unha mesma cousa e a cultura, no seu absolutismo da experiencia vese refutada cando aboia o descubrimento de que a morte é unha circunstancia excepcional, que nada mais tería lugar se poidera darse o feito de que o suxeito for unívoco receptor do Universo, separado nunha omnipotencia do significado que nada ten que ver co xeito en que as cousas suceden. E eiquí, moeda de ouro, aparece, relucinte a trascendencia, chamémoslle espírito, beleza, iluminación… Catarse.
CONSPIRACIÓN DO SILENCIO
Conspiración do silencio é un dialogo fotográfico entre Malena Carballo e José Fonticoba sobre a contemplación da paisaxe cotiá, o paso do tempo e o impacto da humanidade na natureza. Ambas interpretacións fúndense nun único discurso creando unha narrativa lineo-temporal a partir de experiencias individuais e comúns.
• A paisaxe é un invento da arte que determinou a nosa percepción da natureza. Desde o romanticismo, experimentamos o desexo de fundirnos coa natureza, sentir a súa enerxía, respirar o seu ritmo.
• Desafiando o claustrofobico sentimento de non posesión, a paisaxe ofrécenos unha conexión activa coa natureza. Xorde entón un silencio cómplice que reproduce un universo tranquilo e precioso suspendido no tempo xunto ao mundo mesmo, establecendo unha conspiración fronte ao ruído urbano e ao consumo materialista da vida, devorada pola modernidade.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.