Arquitecturas da mirada poética ~ Un taller de Ariadna Silva Fernández.
ANULADO.
Prezo 60 €. 10 – 12 prazas máximo.
Moi satisfeitos de poder ofrecer este obradoiro de fotografía documental dende a mirada poética co que Ariadna Silva Fernández, unha autora cun traballo aleccionador dende unha firme vocación documentalista, nos propón unha reflexión semiótica obligada na renovación do medio.
Fotografía novísima cunha incuestionable vocación atlántica nunha acción formativa totalmente asequible para persoas interesadas en na fotografía documental actual.
ARQUITECTURA DA MIRADA POÉTICA
Obradoiro de un dia de duración con Ariadna Silva Fernández.O obxectivo principal do obradoiro é iniciarnos no uso de recursos propios da lírica e da poesía na execución de proxectos fotográficos documentais
Ariadna Silva Fernández tennos a muitos captivos dos seus traballos dende Fillos do vento (Banco Editorial, 2018). Cartografía do esquecemento, un traballo que apunta ó longo percorrido, amósanos un punto de vista no que o documental e o lírico combínanse para que representación e significado non poidan ser alienados.
Destinatarias:
Persoas interesadas na fotografía que queiran iniciarse no proxecto fotográfico documental, ou que xa teñan un en curso e queiran afondar no seu discurso visual. É necesario ter un coñecemento básico de técnica fotográfica.
Programa:
Introdución. Que entendemos por documental. Tipos de proxectos documentais.
Que é un proxecto fotográfico. Fases de traballo dun proxecto fotográfico.
Poética fotográfica. Conceptos clave.
Unha ollada cara o pasado e presente. Revisión de referentes clásicos e contemporáneos internacionais, nacionais e galegos.
Formatos de publicación e visibilización do proxecto fotográfico. Fotolibro, fanzine, exposición: análise conxunta.
Revisión dos proxectos do alumnado. Visionado de fin de obradoiro: aprender a defender o noso traballo. Exposición de dúbidas, do proceso e dos futuros pasos a dar.
Material incluído no obradoiro:
No obradoiro inclúese material bibliográfico, así como apuntamentos en formato presentación. Tamén se inclúen fotolibros e fanzines para o seu visionado e análise grupal.
Necesidades:
Precisarás un soporte para tomar anotacións, ben sexa unha libreta ou un dispositivo electrónico. Se dispós dun proxecto fotográfico en curso, necesitarás imprimir as fotografías en papel para a súa valoración en grupo ao final do obradoiro.
Biografía:
Ariadna Silva Fernández. A Estrada (Pontevedra) · 1996.
No seu traballo fotográfico e audiovisual constrúe unha mirada sensible e crítica arredor de temas de interese social. Investiga os conceptos de desmemoria, identidade e territorio desde o seu contexto máis próximo mediante proxectos que abordan os ecocidios, as paisaxes naturais e humanas ou a autobiografía.
Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universitat Oberta de Catalunya, Máster en Fotografía Artística e Documental pola Escuela TAI e Máster en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre os seus recoñecementos atópanse seleccións en festivais e en residencias como Canon Student Program 2017 do Visa Pour l’image de Perpignan (Francia), Encontros de Artistas Novos da Cidade da Cultura, Festival de Fotografía Pa-ta-ta ou Art Photo Bcn. Foi finalista do Premio Internacional Emerxentes 2020 dos Encontros da Imagem de Braga (Portugal), gañadora do Premio Contemporánea do Festival Intersección da Coruña, gañadora do Premio Xuventude Crea de Fotografía outorgado pola Xunta de Galicia e gañadora dunha das Bolsas Albarracín do Seminario de Fotografía e Xornalismo de Albarracín.
Expuxo de forma individual no Festival Off de PHotoEspaña (Galería My Name?s Lolita Art), na Galería Marisa Marimón ou no Quiosco Alfonso da Coruña. Tamén expuxo en mostras colectivas en Encontros da Imagem, na Cidade da Cultura de Galicia ou na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.
En 2018 publica o seu primeiro fotolibro “Fillos do vento” (BANCO Editorial), un relato persoal sobre Rapa das Bestas de Sabucedo e en 2019 autopublica “Historias mínimas”, un fanzine de relatos íntimos. Como cineasta recibiu o premio a mellor dirección de curtametraxe documental dos Premios CREA e foi seleccionada en festivais como Curtocircuíto, Festival de Cans, Cineuropa, Festival de Curtas de Vilagarcía, FIC Vía de Verín ou Cormorán Film Fest.