TIENDA

Alberte Pereira: Sobre o urbano, unha aproximación crítica ~ CHARLA.

Venres 16 OUT, 18:00

Alberte Pereira dará conta con varias series fotógraficas nas que traballa actualmente, e outras como Fragmentos, coa que acaba de publicar un fotolibro, a súa visión do urbano. A súa forma de descubrir e coñecer as cidades en base a deriva e a deambulación sen rumbo, nas que se atopa con espazos negativos, os ángulos mortos e a cidade que se ve pero non se mira.Alberte Pereira é un fotocreador independente cunha traxectoria indiscutible no panorama estatal e internacional. Segundo premio no LensCulture Street Photography Awards 2017, categoría Series, cunha serie do proxecto FRAGMENTOS.

Actualmente ten publicado o fotolibro FRAGMENTOS, en edición única, prácticamente esgotado. Tamén está a exhibir na Galería Sargadelos de Vigo, da man do colectivo FVCK, o traballo ANGULOS MORTOS.

Debido ás limitacións de asistencia, pregamos vos inscribir mediante mail a defotografiaatelier@gmail.com ou por medio de FB Messenger ou do WhatsApp da páxina do Atelier en Facebook.

Agradecemos a colaboura de Habelas Hailas Estudo Creativo na organización de este evento. A charla terá lugar no Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio), situado na Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.

https://www.facebook.com/events/2752737618307502

Mais info: https://alberteapereira.com/sobre-min/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.